A Xunta e o concello do Irixo avaliarán a posta en marcha dunha agrupación de xestión conxunta para a plantación de cereal destinado á gandaría, na parroquia de Corneda.
A Xunta e o Concello do Irixo analizarán a posibilidade de poñer en marcha unha agrupación de xestión conxunta nesta localidade Comarca do Carballiño para impulsar a plantación de cereal destinado á gandaría. Así se acordou na reunión que mantivo o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, co alcalde do municipio, Manuel Cerdeira.
Así, o Concello do Irixo está interesado en aumentar as posibilidades de alimentación para o gando apostando pola plantación de cereal no lugar de Matelo,na parroquia de Corneda, en beneficio dos produtores da zona. Nesa dirección, o conselleiro instouno a apostar pola figura da agrupación de xestión conxunta, promovendo o acordo entre propietarios de cara a potenciar este aproveitamento de xeito conxunto.