Acordo total entre concello e Xunta para ubicar o Centro de Saúde na estación de autobuses: deberá modificarse no PXOM o uso urbanístico e a edificabilidade da parcela.
O acordo xa é firme entre Concello e Sanidade, unha vez que o o concello asume incorporar no proxecto a construcción dun aparcadoiro, que terá unha capacidade mínima de 100 prazas, tal como demandaba a Xunta para dar luz verde definitiva a esta ubicación do futuro Centro Integral de Saúde na actúal estación de autobuses do Carballiño.
Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, que tamén avanzou que será agora o concello quen ter que dar os próximos pasos, como son proceder á modificación urbanística no Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor no concello do Carballiño, relativos ao uso da parcela, que pasará de ser dotacional a sanitario, asi como tamén deberá modificarse a edificabiliade da parcela, que na actualidade é do 50% e pasará a ser do 100%.
Concello e Consellería de Sanidade asinarán un protocolo de colaboración tan pronto como os técnicos rematen o anteproxecto da futura edificación sanitaria.