Espazo Común propón á corporación municipal un "plan de recuperación da Praza de Abastos do Carballiño"
O grao de decadencia do mercado municipal carballiñés é evidente nas últimas décadas, foi diminuindo a oferta e o número de postos, cando Espazo Común recorda como "a Praza de Abastos do Carballiño é todo un símbolo da nosa historia, en torno á figura de grandes emprendedores e dunha instensa vida comercial".
Espazo Común lanza esta reflexión "hoxe en dia é tamén un símbolo e un triste reflexo da decadencia de moitos dos ue deberan ser os eixos troncais da vida diaria da economia do noso pobo", e fai unha fotografía da actúal praza de abastos do Carballiño "case baleira, cunha oferta limitada case por completo á carne e ao peixe, que queda a anos luz das outras vilas semellantes que foron recuperadas con gran éxito".
Recordan que no periodo 2015-2018 fixéronse inversións para mellorar a imaxe das instalacións, creouse unha imaxe de marca e leváronse a cabo campañas promocionais, asi como outras moi diversas actividades de dinamización deste espazo comercial, non obstante -manifestan- que dende o ano 2018 non houbo novas iniciativas promovidas dende o concello e na actualidade tan so 10 postos do interior teñen actividade e "varios destes pecharán pronto por xubilacións".
Con este panorama, conclúe Espazo Común, no caso de non tomarse medidas urxentes "a situación pode ser irrecuperable, cando se conta cun edificio senlleiro e cheo de posibilidades, é indiscutible que con algo de traballo e ilusión a Praza de Abastos do Carballiño ten futuro".
Desta maneira, Espazo Común levará o próximo pleno que celebre a corporación municipal unha moción na que esta formación política propón un Plan de Recuperación da Praza de Abastos do Carballiño.