Fumega defende a xestión na Fundación Irmáns Prieto e a modernización e funcionamento do Asilo "nunca estivo mellor".
O alcalde do Carballiño aportou hoxe diversa información relativa á xestión da Fundación Irmáns Prieto, e máis concretamente sobre todo o proceso de actualización na xestión do Padroado do que forma parte dende o ano 2018. Fumega negou que se modificasen os estatutos do Padroado "non é certo que os acordos tivesen que ser por unanimidade, dende a creación da Fundación os acordos no padroado foron continúan sendo por maioria, nunca por unanimidade, non houbo ningunha modificación, tan so se foron adaptando dende o ano 1913 ata a actualidade por imperativo legal".
O rexedor municipal adreditou que "todas a propiedades, tanto no Carballiño como en Madrid, están rexistradas ben a nome da Fundación ou do Asilo". Fumega é membro do padroado dende 2018 e foi nese momento cando se actualizou o padroado, xa que ata ese momento apenas tiña actividade "como proba o feito que ata o 2018 figuraba Pachi Vázquez como membro do mesmo".
Fumega entende que "o asilo nunca estivo mellor" e que pode acreditálo "tras realizar varias visitas por sorpresa nos últimos meses". Tamén considera que é importante a ampliación no número de prazas de residentes, que pasaron das 84 de fai dous anos ás 110 da actualidade "mellorandose de forma notable tanto na calidade de atención como nos ratios de funcionamento", dixo.
Asemade, destacou o alcalde carballiñés o feito de que "o 40% dos residentes contan cunha beca da Fundación, o que permite cubrir os gastos da súa praza, en total nos últimos anos investironse en becas 1 millón de euros por parte da Fundación, destinano ás persoas usuarias con menos recursos, tan so no último ano destináronse a esta finalidade 265.000 euros", asegurou.
Fumega non quixo pronunciarse sobre o conflicto laboral no xeriátrico carballiñés, limitandose a manifestar que é un asunto que está xudializado e non lle corresponde ao alcalde avaliar.
No PODCAST de COPE O Carballiño correspondente ao dia 30 de xuño podes escoitar éstas e outras manifestacións do alcalde do Carballiño sobre este asunto.