Usos e abusos da hostalería do Carballiño
A través deste escrito quero denunciar as malas prácticas da hostalería do Carballiño, sobre todo, a dos bares e cafeterías da rúa Príncipal. Onte xoves pola noite fumos testemuñas ddos abusos aos que, lamentablemente, nos teñen acostumados os propiertarios destes establecementos na rúa do Paseo. Supoño que haberá algunha ordenanza que regule o horario de abertura e peche dos locales de hostelería, pero polo que aconteceu na madrugada do xoves 7 ao venres 8 sobrepasa tódolos límites, pois mentras que a maioría destes bares e cafeterías xa estaban cerrados e tiñan as terrazas recollidas, respetando, deste xeito, os horarios establecidos de apertura e peche, un par de locales tiñan as terrazas sen recoller e un deles seguía en plena actividade e coa terraza chea de clientes ate, alomenos, as 3 da madrugada.
Ben se ve que no Carballiño algúns establecementos de hostalería interpretan a súa maneira os horarios vixentes de apertura e cerre e pechan cando lles da a gana. Señores hostaleiros as ordeanzas e os horarios están para respetalos e non para incumplilos permanecendo abertos ata ben entrada a madrugada. O que pasa neste pobo coa hostelería é un escándalo e unha vergonza: incumprimento de horarios, terrazas que ocupan a vía pública restando aparcamento os vehículos, terrazas que impiden pasar os peóns, establecementos que piden licenza para instalar terrazas cun número determinado de mesas e logo poñen máis mesas das que lle otorga a licenza, locales que se adican a poñer a certas horas da madrugada música a todo volume, etc..
O dito esto é un escándalo e unha vergonza. E digo ben, xa que esto é un escándalo porque certos establecementos comenten semellantes abusos sen que ninguén lles poña freo e así levamos bastantes anos e falo de vergonza porque, por desgraza, quenes teñen que facer respetar e cumprir as ordeanzas miran para outro lado e permiten estas malas prácticas.
Unha mágoa que Bernardo non gañase as eleccións para poñer fin a estos excesos. ¿Ata cando teremos que aturar esta situación?.