A ración de pulpo máis grande: O Carballiño consigue un novo record mundial ao picar 515 quilos de pulpo en 11 minutos
Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño están feitos dunha pasta especial. Quedou demostrado esta tarde na Praza Maior, onde se coceron 515 quilos de pulpo, 15 máis que na edición do 2019, para bater un novo récord coa ración máis grande do mundo.
Unha trintena de profesionais cortaron o cefalópodo en once minutos, tamén a mellor marca ata o momento. Foron moitos os veciños, veciñas e visitantes que quixeron acompañalos neste día histórico, xa que o novo récord chega coa declaración de festa de interese turístico internacional. Da macro ración, cun prato de 5,37 metros de diámetro, deron boa conta os asistentes na degustación posterior.
O Carballiño está a vivir uns festexos como os que se recordaban antes da pandemia, cunha programación que comezou o día 1 de agosto. Nesta edición número de 60 o Concurso de Camisetas do sabado volverá a ser un dos pratos fortes da programación. Un día despois, o 14 de agosto, celebrarase o día grande da Festa do Pulpo.