A Garda Civil detén a un veciño do Carballiño no marco dunha operación dirixida polo Xulgado nº 2 contra a compra venda de imaxes e tallas relixiosas.
A Garda Civil levou a cabo unha operación na xornada deste mércores dia 15 de setembro que saldouse coa detención de alomenos catro detidos, un veciño do Carballiño e outras tres persoas veciñas do concello de Pontevedra e no marco dun operativo contra a compra venda de imaxes de arte sacro de procedencia ilegal.
A operación está dirixida polo Xulgado nº 2 do Carballiño, ademáis da detención e posta a disposición xudicial destas catro persoas, a Garda Civil levou a cabo varios rexistros domiciliarios tanto no Carballiño como en Pontevedra.
De momneto, non trascenderon máis datos relativos a esta causa xudicial que foi declarada como secreta, aínda que podería estar relacionada coa vaga de roubos rexistrados meses atrás en varias igrexas dos concellos de Boborás, San Amaro, Maside e Punxín.