O alcalde Fumega confirma que optará á reelección nas eleccións municipais de 2023 cunha candidatura "na que haberá certa renovación".
A oito meses por diante para a celebración das eleccións municipais de maio de 2023, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega aproveitou unha intervención en COPE O Carballiño para anunciar que optará á reelección do cargo que obstenta dende o ano 2015.
Desta maneira, Fumega volverá encabezar a candidatura do PSdeG no concello do Carballiño "tratando de recabar de novo a confianza dos veciños" e dando por boa a decisión do electorado porque "ésta é a grandeza da democracia, a decisión que tomen será a acertada", reflexionou o rexedor municipal, confirmando asi que aspira a reelección para o que sería o terceiro mandato consecutivo.
Preguntado sobre a súa idea para a candidatura que encabezará nos comicios de 2023, se haberá continuismo ou renovación, Fumega dixo que "renovación sempre hai porque hai xente que lle chega a experiencia, xa me manifestou que non queren repetir, e polo tanto haberá certa renovación".