O Arenteiro Fotográfico de Potiños, con 11 exposicións e outras actividades, converterán a O Carballiño na capital da fotografía en Galicia.
O Carballiño volve a converterse na referencia da fotografía non so en Galicia "senón a nivel estatatal", manifestou ao concelleiro de cultura Diego Fernández, no que foi o acto de presentación deste evento xunto ao presidente de O Potiños, Manolo Blanco.
O Arenteiro Fotográfico, durante os meses de outubro e novembro, ofertará once exposicións colectivas e individuais, complementadas con charlas, cursos e coloquios. As exposicións quedarán instaladas dende principios de outubro, e a inauguración será o dia 9 de outrubro ao mediodia na casa da cultura do Carballiño, na xornada anterior -o dia 8- Vari Caramés impartirá unha master class, tamén na casa da cultura. Este mesmo fotográfo será homenaxeado e distinguido co premio desta edición "pola súa destacada traxectoria no mundo da fotografía".
Como gran novidade este ano, a maioría das exposicións poderán verse nun céntrico local, no baixo do número 6 da rúa Rosalía de Castro. O presidente de Potiños agradeceu "á familia Varela esta colaboración, ao ceder amablemente este local para a celebración do Arenteiro Fotográfico". Tamén tivo palabras de recoñecemento "para todos os fotógra@s que participan connosco no Arenteiro Fotográfico 2022 e que coa súa colaboración contribúen a darlle ese salto tan importante de calidade o noso evento",