Espazo Común insta ao concello para a elaboración dun plan municipal de renovacíón e creación de novas instalacións deportivas
Espazo Común comeza a súa exposición de motivos desta moción que trasladará ao pleno da corporación municipal suliñando como "O Carballiño é, históricamente, unha vila cunha gran tradición deportiva".
E continúa remarcando que "folga falar da importancia da educación e os valores que aporta a práctica de calquer deporte, sobre todo nos anos de formación dos nosos nenos e nenas e, polo tanto, do importante que resulta dar tódalas facilidades posibles para o seu desenvolvemento.
Sen embargo, coma en outros moitos ámbitos, O Carballiño leva anos quedando atrás con respectoa a outras vilas semellantes de Galicia pola falla de iniciativa e renovación das diferentes instalacións para a súa práctica".
Repróchanlle ao goberno do alcalde Fumega que "non semella que chegara ao goberno local a nova de que hai xa moitos anos que numerosos deportes aparte do fútbol contan con grande número de seguidores e de novos adeptos. Podemos destacar o inmenso número de veciños que exercen como atletas, patinadores ou ciclistas, só por nomear uns poucos".
Poñen desde Espazo Común coma exemplo do afirmado "o feito de que incluso un deporte con tanta tradición coma o baloncesto despareceu do Carballiño por falla de espazos para os seus equipos e agora a xente que desexa xogar ten que desprazarse a Maside".
Asimesmo, engaden que "temos que dende o ano 2009 no que se instalou o céspede artificial no campo de fútbol da Uceira cunha subvención da Xunta de Galicia na que estaba Pachi Vázquez, apenas se fixeron inversións de ningún tipo. Tampouco se adaptaron ás necesidades dos usuarios as poucas instalacións existentes. Por exemplo, contamos cun Pavillón que, a pesares de quedarse moi escaso para as necesidades existentes, pecha as fins de semana e gran parte do verán. A Piscina Municipal é un cúmulo de despropósitos que acumula gastos que superan con creces o millón de euros nos últimos anos e só provoca o disgusto e as queixas dos que a frecuentan. O antedito campo de fútbol da Uceira precisa con moita urxencia unha renovación pois son moitos os equipos (sobre todo da base) que fan uso del, sendo calamitoso o seu estado actual. Os usuarios habituais da pista de pádel queixanse das dificultades con que se atopan para facer uso da mesma. É unha anomalía que unha vila coma a nosa non conte cunha Piscina Climatizada Municipal. A adaptación das instalacións de Pena Cobertoira para a práctica do atletismo e do ciclismo ou a construción dun novo Pavillón deben ser proxectos esenciais no plan de futuro desta vila".
Espazo Común tamen considera que a posta en marcha de pequenas pistas deportivas nos distintios barrios do Carballiño é unha necesidade básica para fomentar o uso do deporte.
Tras esta exposición de motivos, a moción demanda da corporación un acordo para "a elaboración dun Plan Municipal de Renovación e Creación de Instalacións Deportivas que cubra tódalas necesidades actuais e futuras da poboación do Carballiño neste eido".