A exposición pública o proxecto e estudo ambiental do parque eólico "A Estivada", que ocupará unha superficie de 1.391 hectáreas na contorna do Paraño, entre Boborás e O Irixo
O proxecto está promovido por Naturgy Renovables e terá unha produccion media anual estimadade 108 Mgh, o prazo de execución será de 10 meses e o orzamento previsto para a execución material do proxecto ascende a 40,9 millóns de euros.
O proxecto denominado "Parque Eólico A Estivada" afectará a unha superficie de 1.391 hectáreas, e localízase na contorna do Paraño, en montes particulares e veciñais en man común nos concellos de Boborás e O Irixo. En concreto, a localidade que terá o primeiro aeroxenerador máis preto é Fonte Moreiras, en Boborás, a 573 metros de distancia e Nogueiroa, no Irixo, a 660 metros. Entre 700 e 1.300 metros estarán Espiñeiros, Cerdeira e Parada de Labiote no Irixo, e Pereiras, Porto Pereiras, Xendive, Meixe e O Regueiro no concello de Boborás.
Para acceder ao acordo da Xunta publicado no DOG, podes facélo descargando o arquivo adxunto: