A asociación de familiares de enfermos de alzhéimer celebra unha xornada informativa no Carballiño, coincidindo este 30 de setembro coa feira de fin de mes
No mes de setembro conmemórase o Mes Mundial do Alzhéimer, data que axuda a achegar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade que é considerada unha das epidemias deste século.
Este tipo de patoloxías fan meya nas poboacións envellecidas, como a do Carballiño e comarca, un colectivo susceptible de desenvolver cadros vinculados ao deterio mental. Por este motivo, este venres dia 30 de setembro e coincidindo co dia de feira no Carballiño, A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor trasladarase á Villa, onde instalará na Rúa Principal unha mesa informativa coa que dar a coñecer o labor que coas afectadas por esta enfermidade e as súas familias desde 1995.
Desde hai anos, AFAOR desenvolve no Carballiño, coa colaboración coa Concellería de Benestar Social, Talleres de Estimulación e Prevención do Deterioro Cognitivo. Esta actividade dirixida a persoas afectadas de deterioración cognitiva e para aquelas persoas maiores por mellorar os seus reservas cognitivas, conta con gran acollida veciñal.
Estes Talleres teñen lugar os martes e os xoves pola mañá nas instalacións de Bo Día Familia, rúa Calvo Sotelo, 34. Para apoiar esta iniciativa, a mesa contará coa presenza de Guadalupe Sobrado Pérez, Concelleira de Benestar Social do cocnello do Carballiño, confirman dende AFAOR.