TRISTE E LAMENTABLE SITUACION TRANSPORTE ACTUAL
Neste intre que escribo, lémbrome dun comentario público que fixo un máis que coñecido político local no seu día; cando dixo presumindo do Carballiño dixo que se podía sair de España dende o Carballiño sen sair dunha Autovia. Que gran titular electoralista; si será certo como tamén o é que non se pode ir traballar ou estudar a Ouresne sen ir no teu propio coche.
O do transporte no Carballiño non se entende, a mín que non me falen de porcentaxes (como si falan que aumentou un 100%, se antes o empregan 2 persoas agora son 4), que me falen de números de usuarios que empregan os escasos servizos que hai. Suscribo todos os comentarios anteriores, non se entende que un estudante en Ourense a 30km da casa non teña para e ir e volver de estudar nun centro educativo en Ourense e teña que buscarse a vida para quedar na capital, cos gastos que iso poida supor. Tampouco se entende que ca cantidade de traballadores públicos que traballan en Ourense nas distintas administracións da Xunta, dos distintos Ministerios ou enfermeiros/as no hospital... non haxa uns horarios do servizo público de transportes que permita deixar o coche na estación de FF.CC. e desplazarse a Ourense ben en coche ou en tren. As políticas debense facer para a xente de a pé e a vida real.
O triste e vergoñento resumo desta situación é que é máis doado ir a Madrid e volver no mesmo día a ver un partido de fútbol, obra teatro.... ca ir estudar ou traballar a Ourense. E por riba inda nos venden a noticia de que agora tamén se pode ir en AVE a Alicante dende Ourense: hai 20 anos xa se podía ir en Tren Talgo dende O Carballiño a Alicante os sábados, claramente non a velocidade de agora, pero podíase ir.
Falamos de ecoloxía, sustentabilidade, eficiencia, pero non facemos nada para promover o uso dos transportes públicos adaptando os horarios a vida cotiá da xente.
En fin, que todo seguirá igual, nin vexo a oposición con ideas sinxelas e sensatas para gañar a confianza de votantes, nin o grupo de goberno facendo medrar e mellorar o pobo.
Así iremos a pior en todo. Despois so queda a resignación.