Cine, teatro, o festival musical outros países outras músicas, patinaxe artística,día da bici e o Arenteiro fotográfico, na axenda da fin de semana.
Na carteleira cinematográfica da fin de semana temos 4 películas, a do Cine-Club Carballiño "Teneis que venir a verla" de Jonás Trueba este venres 14 no auditorio do Carballiño, en pases ás 20:00 e 22:30 horas. E 3 películas para estes dias no Novocine de Leiro: "Tadeo-ons 3 La Tabla Esmeraralda" ás 16:00 horas, "No te preocupes querida" ás 18:15 horas e "Los renglones torcidos de Dios" ás 20:30 horas.
O sábado temos teatro dentro da programación da mostra de teatro afeccionado que organiza Tiruleque, ás 20:00 horas no auditorio coa actuación da compañía valdeorresa "Gargallada" e o seu espectáculo "Un desastre de función", teatro de comedia.
Dende as 9:30 horas do sábado e durante once horas, cun pequeno receso para o xantar, o pavillón Paco Chao acolle a 3ª Fase de Niveis do 1 ao 3, unha competición de patinaxe artística da Federación Galega que organiza o club carballiñés Aehde, e que reunirá no Carballiño a 180 patinadoras dun total de 26 clubes das provincias de Pontevedra e Ourense.
O sábado, dende as 20:30 horas, no Templo da Veracruz, o festival musical "Outros países, outras músicas" coas actuacións dos anfitrións e organizadores do Coro de Cámara de Müsica Viva do Carballiño, e como agrupación invitadas a Coral de Agolada, e a Coral "Estelas do Mar" de Mugardos.
Para a matinal do domingo temos o "Dia da Bici" do Carballiño, can saída dende a Praza da Veracruz ás 11:30 horas, cun percorrido de 8 quilómetros polo Carballiño e arredores, a gran festa familiar da bicicleta organizada pola concellería de deportes, e que repartirá premios e agasallos entre os participantes.
Ademáis, a Asociación Fotográfica O Potiños, co apoio do Concello, converte ao Carballiño na capital da fotografía de Galicia durante este outono. Desta volta o festival anual da fotografía galega incorporou como espazo expositivo un céntrico local da Rúa Principal para amosar as súas exposicións. Trátase do baixo situado no número 6 (onde antigamente estaba a tenda deportiva Hobby Sport (abrirase ao público durante a fin de semana).
Na actualidade o Arenteiro Fotográfico 2022 ten abertas ao público as seguintes mostras: -Asociación Fotográfica O Potiños. . Casa do Concello. -IES Chamoso Lamas. . Rúa Principal, Edificio Ramón García. -Asociación F. O Potiños..Antigo Hobbit Sport. -Teté D. Estate.
Antigo Hobbit Sport. -José Miguel Martín Ordoño. . Antigo Hobbit Sport. -A. F. O Potiños. . Antigo Hobbit Sport. -Beatriz Cabanelas. . Antigo Hobbit Sport. -Marcelo Caballero. <4 movimientos>. Antigo Hobbit Sport.
As mostras do Antigo Hobby Sport estarán abertas ao público durante a fin de semana, cos seguintes horarios: -Venres e sábado. De 18.30 a 21.00 horas. -Domingos: De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 21.00 horas. O Arenteiro Fotográfico renovará a súa oferta expositiva no mes de novembro.