O Arenteiro, con futbol de alta escola, derrota ao Real Unión de Irún (2-0) e xogará a final da Copa Federación co Alzira en Valencia.
Espiñedo vive en estado de felicidade, tras outra noite máxica, e nun partido no que o Arenteiro brindou a súa afección un fútbol primoroso, logrou o pase para a final da Copa Federación, polo tanto o Arenteiro optará por vez primeira na súa historia a un título nacional, que desputará ante o Alzira valenciano no seu estadio o próximo dia 2 de novembro.
Pouco importou que a Espiñedo chegase un equipo de superior categoria como é o Real Unión de Irún, o Arenteiro foi moi superior e nunha primeira parte na que bordou o fútbol os verdes cimentaron a súa victoria con goles de Alex Fernández de penalti e Rafa Mella, foron dous e mesmo poideron ser outros tantos.
Vídeo do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-carballino-festexa-o-pase-a-final-da-copa-federa...