O Samaín no Carballiño: hosteleiros, comerciantes e veciños contribúen ao ambiente. O venres 4 o concello instalará a "Pasaxe do terror" na Pista Roxa, con espectáculos parateatrais para nenos e maiores.
As fotografias correspóndese coa ambientación feita por veciñas da Rúa Caridade, que outro ano máis, decoraron a praciña de entrada as súas vivendas. Tamén son numerosos os establecementos de hostalaría e comerciais do Carballiño que se sumaron a esta tradicional celebración do Samaín decorando os seus locais.
Ademáis, para este próximo venres dia 4 de novembro, e coincidindo coa ruta das tapas que promove a concellería de turismo do concello do Carballiño, están programadas actividades de animación, entre elas os pasarrúas da Charanga CLK.
Na Pista Roxa, instalaráse na xornada do venres a "Pasaxe do Terror", unha representación parateatral a cargo da compañía "Hipica Celta", que poderá visitarse en horario de 17:00 a 19:00 para o público infantil ata os 12 anos, e para os maiores desta idade e maiores en horario de 19:30 a 23:00.