Qué equipo da primeira división recibirá o Arenteiro na segunda ronda da Copa do Rei? O sorteo, este mércores 16 de novembro.
O Sorteo celebraráse este mércores dia 16 de novembro na sede da Real Federación Española de Fútbol, ás cinco da tarde, será cando o Arenteiro coñeza o rival para a segunda ronda da Copa do Rei, que deberá saír entre un dos 14 equipos da primeira división que estarán no bombo.
Coa excepción dos 4 equipos que xogan a Supercopa de España e que non se incorporan ata a terceira ronda, asi como os dous que resultaron eliminados nesta primeira ronda, Cadiz e Almeria, ao Arenteiro pode corresponderlle recibir en Espiñedo o dia 21 de decembro calquera destes equipos: Mallorca, Osasuna, Elche, Valladolid, Villarreal, Espanyol, Atlético de Madrid, Girona, Rayo Vallecano, Celta, Sevilla, Getafe, Athletic Club de Bilbao e Real Sociedad.