O Carballiño desenvolverá un Plan de Sostenibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do Pulpo” dotado dun orzamento de 1 millón de euros, que ven de aprobar o goberno central.
Este plan foi aprobado dentro da II Convocatoria Extraordinaria do programa Plans de Sustentabilidade Turística de Destino 2022, financiados na sua totalidade con fondos Next Generation procedentes da Unión Europea e integrados no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia deseñado dende o Goberno de España.
Durante o proceso de tramitación foi incluído dentro Plan Territorial de Sostenibilidade Turística de Enogastronomía de Galicia onde se aprobaron de forma conxunta outros dez plan similares centrados en desenvolver o potencial turístico da gastronomia galega.
O obxectivo principal desta iniciativa é a promoción de O Carballiño como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025. Os eixes de intervención están repartidos entre Transición verde e sostible; Mellora da eficiencia enerxética, Transición dixital e Competitividade. Os proxectos máis destacados buscan intervir e mellorar os espazos do Parque Municipal, o Parque Etnográfico e ampliar o paseo fluvial ata o Bañiño de Arcos. A renovación da iluminación do Templo da Veracruz tamén está incluida no plan así como instalación de sinalización turística intelixente, realidade aumentada e un plan de comunicación dixital turística.
Unha parte da accións buscarán reforzar a oferta de enograstromía e sobre todo visibilizar a labor de pulpeiros e pulpeiras e potenciar a festa do pulpo. A internacionalización da festa do pulpo e a vinculación do Carballiño co principal símbolo gastrómico de Galicia foi determinante para a consecución deste fondos.
O próximo paso do plan será a mediados de Xaneiro do 2023 durante a participación na Feira Internacional de Turismo FITUR onde a Alcalde, Francisco Fumega, e o Concelleiro de turísmo, Manolo Dacal, se reunirán cos responsables do Ministerio para inciar a operativa deste plan tan importante para O Carballiño.