Unha cabalgata con identidade propia: O Carballiño da a benvida aos Reis Magos cun gran espectáculo de luz, música, circo e pirotecnia no máxico escenario da Veracruz
Cabalgatas hai moitas, aínda que da beleza, espectacularidade e vistosidade, e tamén de maxia para os e as que somos do Carballiño coa torre da Veracruz como escenario, seguramente que poucas ou ningunha. O Carballiño xa pode presumir dunha cabalgata con identidade propia.
Excelente e coidada posta en escea, que cautivou ao númeroso público congregado na rúa Evaristo Vaamonde, para seguir este espectáculo que precedeu á máxica aparición de Melchor, Gaspar e Baltasar na Torre da Veracruz, ante a atónita mirada dos máis cativos, e o aplauso dos maiores.
Despois, a cabalgata tradicional de sempre, cada rei na súa respectiva carroza, e este ano coa ambientación especial da compañía "Fantasía de Nadal" e como cada ano a amenización do DJ Tibu, que vai xa camiño de ser tamén outra seña de identidade da cabalgata de reis á carballiñesa.