A Xunta confirma ao alcade de Piñor a continuidade da asistencia médica no centro de saúde deste concello, ante a próxima xubilación do médico titular.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña garantiu ao alcalde de Piñor, José Luis González, a continuidade da asistencia médica no centro de saúde desta localidade ourensá, nunha reunión mantida na xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que estiveron acompañados do delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Felix Rubial.
O conselleiro confirmou ao alcalde que a próxima xubilación da médico titular do centro de saúde do seu concello non afectará á asistencia sanitaria que recibe a veciñanza e que o centro de saúde manterá a asistencia sanitaria nas mesmas condicións, dispoñendo dunha médico de familia de luns a venres como ata o de agora.