Lino González encabezará a candidatura do Partido Popular do Carballiño nas próximas eleccións municipais. Veciño de Miomás e empregado de banca, aspira a "converter todo o potencial do Carballiño en novas realidades".
Lino González encabezará a lista do PPdeOU no Carballiño nas vindeiras eleccións municipais. O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse co novo cabeza de lista para perfilar os detalles da candidatura, celebrando a incorporación “dun referente da sociedade carballiñesa, que da o salto á vida política municipal para contribuír á mellora da súa vila”.
Manuel Baltar destaca o “compromiso cos seus veciños” demostrado por Lino González, “un home con capacidade para liderar o cambio no Carballiño e converter todas as potencialidades da vila en novas realidades”.
Lino González, resalta o presidente provincial, “é unha garantía para o Carballiño, que o 28 de maio terá nas siglas do PPdeOU unha candidatura formada a partir do traballo diario, coñecemento do territorio e proximidade cos veciños, e cuxos nomes conformarán o próximo goberno da vila do Arenteiro”.
Pola súa banda, Lino González enmarca a súa chegada á vida política coa súa preocupación polo público: “A miña actividade profesional -leva 22 anos traballando na oficina de Caixa Rural da vila, da que hoxe é o seu director- leva implícita unha estreita relación cos veciños. E esos vencellos son os que quero trasladar á política, co obxetivo de reforzar a miña proximidade cos problemas da xente e, agora dende a política, contribuír a resolvelos”.
Dende o Partido Popular no Carballiño agradecen a Lino González este paso, “sabedores do que implica para calqueira persoa tomar a decisión de participar na política local”. Ao novo candidato, explican, “móveno as gañas de mellorar aquelas cousas e servizos que coma veciño da vila ven detectando a necesidade de mellorar”.
“Non hai mellor forma de conseguir cambiar o goberno municipal do Carballiño que por medio da participación de todas as persoas con inquietudes e gañas de mellorar o seu entorno, e o PPdeOU é, sen dúbida, o mecanismo perfecto”, conclúen os populares da vila.