A Unión Iberoamericana de Profesionais de Turismo coñecen a tradición termal e pulpeira do Carballiño e asisten á Festa da Cachucha.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibiu este sábado no concello a 32 asociados da Unión Iberoamericana de Profesionales de Turismo que viaxaron dende Madrid no AVE para pasar esta fin de semana no Carballiño.
Na recepción, os visitantes puideron coñecer a historia da vila e a nosa tradición termal e pulpeira. O alcalde, estivo acompañado polo concelleiro de seguridade, Manuel Sotelo, e o de cultura, Diego Fernández. Rematado o encontro, o concelleiro de turismo, Manuel Dacal, acompañou á delegación ata o Parque Etnográfico do Arenteiro.
Os visitantes que pernoctan no Carballiño, percorrerán varios espazos emblemáticos da vila e da comarca, e, como non, estarán presentes durante a xornada da Festa da Cachucha, da que de seguro levarán un grato recordo.