A Secretaria Xeral de Igualdade asiste á constitución da Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do concello de Avión
A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe o Concello de Avión, onde participou no acto de constitución da Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, á que asistiron diferentes colectivos implicados na devandita mesa como son as diferentes asociacións de mulleres existentes no termo municipal, así como culturais, veciñais e educativas, entre outras.
O alcalde, Antonio Montero, destacou a importante implicación da Secretaria Xeral polo apoio mostrado en todas as medidas de igualdade de oportunidades e de Violencia de Xénero para o Concello de Avión. A directora do CIM, Yesica Moreno, aproveitou a presentar oficialmente a programación do vindeiro 8M, na que se inclúe ao colectivo educativo e á cidadanía en xeral.