"Espazo O Potiños" reunirá nun expositor permanente na bilblioteca municipal os fondos documentais desta asociación fotográfica
O Carballiño pasa a contar cunha nova dotación cultural, o "Espazo O Potiños" poderémos encontrálo na primeira planta da biblioteca pública municipal, na Casa da Cultura do Carballiño.
Será unha exposición permanente que reúne os fondos documentais que esta asociación carballiñesa foi reunindo durante os seus 45 anos de vida e de documetación fotográfica, e tamén de libros ou revistas, que agora serán custodiados nun lugar axeitado, e visitable para o público en xeral. Asi o destacaron tanto o concelleiro de cultura Diego Fernández coma o presidente de O Potiños, Manolo Blanco, no acto de presentación deste novo equipamento cultural.
Asemade, tamén deron a coñecer o último traballo fotográfico que realizaron en colaboración coa asociación de pulpeiros de Arcos-O Carballiño, son máis de 700 fotografías representativas de 35 familias con tradición pulpeira, un traballo que agardan poida culminar coa publicación dun libro, para elo agardan a colaboración da Deputación.