O Partido Popular confirma aos seus candidatos ás alcaldias da comarca, O Carballiño e Maside son as novidades.
O Partido Popular mantén como candidatos nas eleccións municipais do 28M aos seus candidatos nos sete concellos que goberna na comarca do Carballiño, desta maneira optarán a un novo mandato de catro anos o actúal alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares. Tamén repiten como cabeza de lista do PP Manuel Casalta en Punxín, Manuel Prado en Beariz, Patricia Torres en Boborás, José Luis González en Piñor, Manuel Cerdeira no Irixo e Fernando Redondo en San Amaro.
As dúas novidades, xa anunciadas semanas atrás, son Lino González que pasa a ser a nova aposta dos populares no concello do Carballiño, en sustitución de Ricardo Perea, e Ignacio Campo, que colle o relevo de Luis Jorge Ferro, como alcaldable para o concello de Maside.
No concello de Leiro, volverá presentarse á reelección á alcaldia baixo as siglas do Partido Popular Francisco José Fernández, que tamén é senador. E tamén optará a un novo mandato, que será o 2023-2027 Antonio Montero, que volverá liderar a lista popular no concello de Avión.