8M: O Carballiño modificará o seu rueiro para dar nome de muller a varias rúas
Asi o anunciou o alcalde do Carballiño no transcurso da súa intervención no acto institucional organizado polo concello este 8 de Marzo con motivo do Dia Internacional da Muller.
Asi, desta maneira, Fumega anunciou que o rueiro carballiñés engadirá máis nomes de muller ás que xa presenta na actualidade, como Rosalía de Castro, Margarita Taboada, Ana Maria Mogas, Aldara ou Amalia Fernández Mosquera.
Neste mesmo acto institucional celebrado este mediodia no concello do Carballiño, a concelleira de igualdade Guadalupe Sobrado procedeu á lectura dun manifesto, un acto ao que asistíu unha representación do alumnado dos centros educativos carballiñeses, asi como de diversos colectivos e asociacións de mulleres.