O concellos do Carballiño, Boborás e Leiro, participan no XVI Encontro de Vilas Termais, que se celebra esta fin de semana na Arnoia
A vila termal da Arnoia acolle esta fin de semana o "XVI Encontro de Vilas Termais", na xornada inaugural participaron o alcalde de Leiro Francisco Fernández e o concelleiro carballiñés de promoción económica, industria e turismo Manolo Dacal.
Na asemblea desta segunda xornada participaron, entre outros, o alcalde de Cuntis e presidente desta sección da FEMP, Manuel Campos; o alcalde de Arnoia e vicepresidente primeiro da mencionada sección, Rodrigo Aparicio; a alcaldesa de Alange e vicepresidenta segunda de Vilas Termais, Julia Gutiérrez; a alcaldesa de Boborás e deputada, Patricia Torres; o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo; ou o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.
O programa da xornada de hoxe inclúe a presentación dun proxecto da FEMP que se enmarca no plan "Experiencias Turismo España", dentro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia; unha presentación sobre a historia da EHTTA; o 150 aniversario da vila termal de Mondariz; ou a presentación de Termatalia 2023, ademais das visitas a Arnoia e Ribadavia.