A veciñanza do concello de Avión comunicou máis de 900 incidencias a través da APP "Liña Verde", dende a súa implantacíón no ano 2021
O concello de Avión implantou o servizo Liña Verde no ano 2021, e nestes case dos anos de funcionamento o servizo tivo unha máis que aceptable acollida por parte da veciñanza, comunicando e axundando a resolver un total de 932 incidencias comunicadas durante este periodo de tempo.
O tipo de incidencias máis frecuente son aquelas que fan referencia a “Iluminación” (56%), seguido de “Recollida de Aveños e Voluminosos” (17%) “Incidencia Estradas” (10%), “Limpeza Espazos Públicos” (8%), “Avespa Velutina” (5%) e “Avaría Auga Municipal” (2%). Para poder utilizar este servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia.
O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. o usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O/a cidadán/a á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. A través de Liña Verde, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de “Fai túa consulta”.
Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta. Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.linaverdeavion.gal. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental ( guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio etc…).
Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas.
A través do servizo Liña Verde o usuario recibe tamén comunicacións informativas emitidas polo propio Concello para desta forma, estar informado en tempo real. Ademais pode consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información propia do mesmo.
O Concello de Avión considérase satisfeito dos resultados obtidos ata a data e agradece a importante participación cidadá que demostra a implicación e interese da veciñnza polo seu municipio.