O Centro Sociocomunitario do Carballiño organiza novas actividades para o próximo trimestre. Consulta aquí toda a programación.
Dende o Centro Sociocomunitario do Carballliño informan das actividades puntuais programadas para o vindeiro trimestre que a maiores das habituais do centro cremos conforman unha interesante oferta, intentando así dar resposta a importante demanda de actividades e a extraordinaria acollida e participación dos últimos meses.
No mes de abril, conmemoraráse o día internacional do libro con actividades puntuais e cun obradoiro de crochet temático: Amigurumis; diseña a túa persoaxe de conto. Obradoiro de ganchillo de 10 horas de duración. Os luns ás 16:30.
Asimesmo e con este mesmo motivo ponse en marcha un punto fixo de bookcrossing, donde as persoas interesadas poderán intercambiar un libro por outro que resulte do seu interese.
Neste mesmo mes de abril terá lugar un curso gratuito de alfabetización dixital, cada vez máis imprescindible, neste caso: Administración electrónica, dende o móbil e-ou ordenador. Os martes ás 17:00.
Xa por último celebraráse unha charla da Escola Galega de Saúde enfocada na Prevención de accidentes no fogar.O día 4 de abril ás 16:30h
Xa en maio, mes das flores por excelencia levarase a cabo un taller de arte floral no cal, ademáis de aprender a realizar un arreglo floral poderán levar para a casa a súa creación.
Festexaráse o día das Letras galegas, neste caso coa actividade : “Café con letras”. Unha actividade donde o eixe serán os xogos de mesa galegos.
E unha vez máis no Centro Sociocomunitario apostan pola formación nas novas tecnoloxías, neste caso cun curso destinado a aqueles que máis o precisan, concretamente para os que teñen pouco ou ningún dominio do teléfono móbil.
Tamén se organiza un curso básico de movil os mércores pola mañá.
Xuño será o mes do medio ambiente. A este respecto pensamos nunha actividade que pode resultar moi interesante para todas aquelas persoas comprometidas con este tema, un taller de elaboración artesanal de produtos de limpeza, libres de tóxicos e respetuosos co medio.
Polo San Xoán, Obradoiro: Tradición e uso fitoterapeútico das plantas máxicas de San Xoán.
E para clausurar as actividades habituais do centro convidan a todas as persoas interesadas a acompañarnos o día 16 no auditorio Manuel María, coa celebración do festival de fin de curso con actuacións dalgunhas das disciplinas físico-deportivas, actuación do grupo de canto e pandereta e a representación teatral do noso grupo de teatro. Por suposto a xornada traerá algunha que outra sorpresa.
As crianzas, que cobraron especial importancia no centro este ano, xa que incorporáronse algunas actividades dirixidas exclusivamente a eles, terán o seu protagonismo e farán unha exhibición de baile tamén neste mes.
O broche final porémolo o último domingo de mes cunha actuación de música en directo para os asiduos das sesións de baile dos domingos e dende logo para calquera que se anime á festa.