Forza Arenteiro !! 2.000 afeccionados verdes empuxarán no Couto para ver un Arenteiro campión. A G2 retransmite o partido en directo desde as 16:45 horas.
Todo preparado para o gran dia, todo preparado no estadio do Couto para un Ourense-Arenteiro no que o equipo do Carballiño pode proclamarse campión, gañar ou mesmo empatar siñificará o ascenso automático á Primeira Federación. Mesmo no caso de perder, habería que agardar un pinchazo do Avilés en Burgos para consumar o ascenso do Arenteiro.
E tamén todo preparado no Carballiño para a que sería, xa que logo, a gran festa do ascenso, unha vez que a marea verde regrese de Ourense.
Dúas mil afeccionadas e afeccionados do Arenteiro vivirán o partido no estadio do Couto, e o resto poderá facélo a través da retransmisión que dende as 16:45 horas ofrecerá a G2.