Baltar na presentación da candidatura do Partido Popular "temos proxectos e temos ilusión, presentámonos para gañar e gobernar O Carballiño".
O presidente provincial destacou que “quedan 36 días para as eleccións. Carballiño ten ante si a oportunidade que ofrece o PPdeOU: unha vila moderna e dinámica. Por iso esta presentación é un momento fundamental: porque vai haber un cambio no Concello que revolucionará esta vila”
“Agradezo a aposta de Lino González, que recibiu unha chamada que en realidade era a do seu concello: hai que transformar Carballiño. E para este obxectivo conta con toda a maquinaria do PPdeOU, cunha candidatura fresca e que da unha oportunidade ao Carballiño que esta vila non tiña”, resalta Manuel Baltar
“Argimiro Marnotes tivo a visión para apostar por Lino González, por apostar por ensanchar o partido para que esta opción sexa o Partido de Carballiño. Este é un amplo movemento social, que foi quen de configurar o ‘director deportivo’ Lino González, cunha candidatura disposta a gobernar dende o primeiro minuto”, puxo en valor o presidente provincial
“Para gobernar un concello hai que ter gañas e ambición. Pensar dende o primeiro minuto de cada día no Carballiño, nas moitas posibilidades que ten e nas conexións que pode establecer coas administracións: Deputación de Ourense, Xunta e Goberno, que máis pronto que tarde contará cun ourensán como presidente, Alberto Núñez Feijóo”
“Temos proxectos e temos ilusión. Presentámonos para gañar e gobernar Carballiño. Cun número 1 excelente, cunha candidatura excelente e cunha formación política extraordinaria para impulsar proxectos”, incidiu Manuel Baltar
Lino González comezou a súa intervención recoñecendo o “apoio total” de Manuel Baltar e a aposta “xenerosa e total” de Argimiro Marnotes, presidente local do PP do Carballiño, por “abrir o partido á xente nova”
“O PP do Carballiño encomendoume encabezar esta candidatura. Dende o primeiro minuto, comezamos a falar coa xente e sorprendeunos a receptividade dos veciños do Carballiño, que coinciden en sinalar que esta vila necesita un cambio de rumbo”, destacou o cabeza de lista popular
“Esta candidatura será a que devolva O Carballiño á primeira división das vilas de España”, sinalou Lino González
“O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno municipal que en realidade é unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, para defender os intereses da vila con lealdade e compromiso”, concluíu o candidato popular no Carballiño