O IES Chamoso Lamas celebra a 2ª Xornada de Emprendedores, un proxecto para fomentar a iniciativa emprendedora.
O IES M. Chamoso Lamas organiza para o próximo 16 de Maio dende as 9:30 ata as 12:30 a cabo a II Xornada de emprendedores no salón de actos do centro.
O obxectivo desta xornada é dar a coñecer ao alumnado os recursos que teñen para poder emprender o seu propio negocio e ter de primeira man a experiencia de varios emprendedores que no seu día lanzaron o seu proxecto propio. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral interesado no empredemento.
Descarga o arquivo para ver o programa da xornada: