O PSdeG-PSOE denuncia que "a alcaldesa de Boborás incumpre a orden de Carreteras del Estado con grave risco para a seguridade vial na travesía de Brués", por non retirar as árbores plantadas no arcén.
O PSdeG de Boborás denuncia que a alcaldesa de Boborás "non só fai caso omiso do requirimento de Estradas do Estado senón que está a poñer en grave risco a vida de persoas e automobilistas ao imcumplir a orde de retirar as árbores da carreta nacional".
Manifestan que "no seu momento os socialistas denunciaron que a alcaldesa non respectara o informe preceptivo de Estradas solicitado polo concello de Boborás para a execución da obra de saneamento e pluviais de Brués. No devandito informe prohibíase expresamente a colocación de arquetas e mesmo tubaxes soterradas tanto en carrís como en beiravías. O concello plantou árbores con alcorques nas beiravías, plantación que non figuraba no proxecto remitido para informe", aseguran.
A portavoz socialista acusa á alcaldesa "de mentirlles aos veciños publicamente : Manifestou nos medios que contaba con todos os permisos para plantalos e era totalmente falso, mentiu a propósito sen importarlle que poida correr risco a vida das persoas; e se é capaz de mentir neste asunto é porque está habituada a facelo sen despeitearse en calquera outro". Así mesmo a representante socialista en Boborás repróchalle á alcadesa "o seu cinismo ao ser capaz de acudir a unha convocatoria en favor de melloras pola seguridade na N541 e actuar na dirección oposta provocando riscos que poderían causar xa mesmo algún accidente mortal".
E engade que "iso vén demostrar que o propósito da convocatoria non era precisamente o da seguridade da vía, pois non fai caso a un requirimento para mantela do mesmo organismo ao que lle pide que a procure". Os socialistas emprazan á alcaldesa para iniciar de inmediato a retirada das árbores. En caso contrario, nos próximos aseguran que van poñer en coñecemento do ministerio fiscal "o proceder da alcaldesa por se a súa conduta fose constitutiva de delito contra a seguridade das persoas".