Francisco Fernández gobernará Leiro con 6 concelleiros, o PSOE 2 e BNG 1 completarán a corporación municipal.
Retrocede en votos e concelleiros o Partido Popular de Leiro, ainda que conserva unha cómoda maioria absoluta e Frnacisco J. Fernández seguirá gobernando con 6 concelleiros, 1 menos dos que tiña no pleno do concello. Acada o 59,07% en porcentaxe de voto, foron 576 votos recibidos
O PSOE. agora liderado por Pedro José González, suma un segundo concelleiro, e serán polo tanto 2 os que van ter os socialistas no próximo mandato, co 26,76% de apoio electoral nestes comicios, 261 votos.
Conserva a súa representación o BNG, con 125 votos, que representa o 12,82% do electorado, que lle da unha acta na corporación de Leiro a Rebeca Paz.