Obtivo máis votos o non a Fumega
4888 persoas votaron outras opcións.
2645 persoas votaron a Fumega.
Resulta chocante que agora os do PSOE fagan de predicadores da teoría de frijolito. No derradeiro goberno autonómico que acadou o PSOE, don Manuel Fraga gañara contundentemente as eleccións. E quedara a un deputado da maioría absoluta. Os partidos da oposición souperon chegar a acordos pra respetar a decisión da cidadanía.
A solución no Carballiño pasa por non facer caso omiso ao berro rotundo da cidadanía. E chegar a un goberno de coalición, pra que salga un goberno operativo e non unha mesa de discusións bizantinas. Dame igual as cores que acaden o acordo de goberno de coalición, resúltanme irrelevantes as combinacións. Pero Fumega, e o equipo de saraos e festexos, non pode levar as riendas en solitario nin un minuto máis. Lévano demostrado estos oito anos. E a cidadanía berrou alto e claro.