Parada de bus da Alameda

9, Xuño 2023

Quero denunciar a situación que pasan a menudo os nenos do cole da Uceira que fan uso da parada de autobús da Alameda. Raro é o día que o autobús pode parar correctamente a recoller ou deixar os nosos fillos porque a parada destinada a ese fin atópase invadida por autobuses de clientes do hotel ou por vehículos particulares. Esto causa retencións de tráfico nesta rúa e o máis preocupante,que os nenos non poidan acceder de forma segura o autobús.

Deuse aviso a policía local en varias ocasións sin éxito. So pedimos que se respeten os horarios de saída e chegada dos nenos para unha maior seguridade e convivencia de todolos veciños.