Os concellos de Punxín e Beade contarán cun caixeiro automático e formación financieira para a veciñanza, a través dun convenio coa FEGAMP e a Xunta.
O 99% dos concellos galegos terán acceso a servicios financeiros logo da apertura en febreiro da segunda fase de adhesión ao protocolo de colaboración asinado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos bancarios. Nesta nova rolda, foron cinco os novos concellos que se adheriron: Castrelo do Val, Punxín, Toén, Beade e Ribas de Sil.
O obxectivo da iniciativa é o de loitar contra a problemática que supoñía o acceso aos servizos bancarios no rural, evitar a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros.
Así, esta actuación permite que os veciños teñan caixeiros automáticos nos seus municipios; dispoñan dun servizo de asistencia financeira para solucionar calquera dúbida e poder contratar produtos igual que nunha oficina bancaria convencional; así como a oportunidade de recibir formación financeira e banca electrónica para que poidan utilizar tamén os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.