Fumega inicia o seu terceiro mandato como alcalde do Carballiño, agora en minoria. Todos os grupos votaron ao seu candidato: PSOE (6) Partido Popular (5) Espazo Común (5) BNG (1)
Francisco Fumega foi elexido alcalde do Carballiño para un novo mandato, que será xa o terceiro para o candidato socialista, igual que durante o seu primeiro mandato 2015-2019, deberá facélo de inicio en minoría e buscando apoios dos grupos da oposición para garantir a gobernabilidade do concello carballiñés. A diferencia a respecto de fai 8 anos é que daquéla contaba con 8 concelleiros e agora ten 6 nunha coporación de 17 concelleiros.
Nesta sesión de investidura de 2023 todos os grupos políticos representados na corporación carballiñesa votaron ao seu cabeza de lista. Asi as cousas, Fumega recolleu os 6 votos do PSOE; Lino González os 5 do PP, Pachi Vázquez os tamén 5 de Espazo Común e Sofía García o do BNG, o seu propio.
As últimas horas foron frenéticas nas negociacións entre Partido Popular e Espazo Común e ata unhos minutos antes de iniciarse o pleno de constitución da nova corporación todo estaba por decidirse e nada se dada por descartado, aínda que finalmente esa falla de acordo entre as dúas formacións políticas favoreceu a investidura de Francisco Fumega, reelixido de novo como alcalde do Carballiño.