O incumprimento da normativa de prevención de incendios por parte dunha entidade bancaria, propietaria dun solar na rúa Carboeiros, alarma á veciñanza
A normativa fixa como data límite para proceder á limpeza a do 31 de maio, a partir desa data o concello tería que proceder a sancionar os correspondentes, comunicandolles os incumprimentos, e se fose o caso pedir autorización xudicial para realizar os traballos con cargo aos propietarios.
Case dous meses despóis desa data límite, os veciños da contorna dun solar na rúa dos Carboeiros, manifestan estar cansos de reclamar que unha entidade bandaria con sucursal no Carballiño proceda a limpar un solar que é da súa propiedade, o estado no que se encontra preocupa aos veciños que teñen vivendas colindantes con esta parcela.