Recoñecemento institucional do concello no marco da 61 edición da Festa do Pulpo á Asociación O Potiños pola súa contribución a preservar a memoria gráfica da tradición pulpeira
Pola súa contribución para preservar a memoria gráfica da tradición pulpeira recibiu este lúns dia 7 da agosto unha homenaxe a Asociación Fotográfica O Potiños no marco desta 61 edición da Festa do Pulpo. Foi nun acto celebrado na Casa Consistorial do Carballiño e no que se repasou a traxectoria dunha entidade creada en 1985. Tal e como destacou o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, “dende entón ten feito multitude de fotografías de diversa temática, pero hai unha que é moi relevante e que ten que ver coas pulpeiras e pulpeiros e coas Festas do Pulpo”.
Cómpre lembrar que O Potiños realizou campañas de recollida de fotografías antigas vencelladas con estes profesionais, destacando a recente publicación dun traballo memorable, nunca antes feito, e que leva por título “Pulpeiras do Carballiño, herdeiras dunha tradición”. Participaron 30 familias de pulpeiras e ata tres xeracións. O libro componse de 60 fotografías en branco e negro realizadas no estudio e nas que o pulpo desaparece como elemento esencial para dar protagonismo a este colectivo de traballadoras e á súa historia.
O presidente de O Potiños, Manuel Blanco, agradeceu este recoñecemento e asegurou que lles anima a seguir traballando para continuar “dando pulo ao Carballiño”. O colectivo traballa na actualidade en tres proxectos e son destacables as iniciativas que realiza durante todo o ano para contaxiar a súa paixón pola fotografía á veciñanza.
O alcalde, Francisco Fumega, aseguro que “hoxe é un día moi especial para min como alcalde, porque non hai nada máis gratificante que recoñecer a labor dos nosos veciños e veciñas e o traballo desta entidade é impagable, levamos 38 anos disfrutando del”.