Acordo pechado entre Xuntos e PSOE para presentar unha moción de censura ao alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira. Os 3 próximos anos sera alcaldesa Susana Iglesias de Xuntos, e o último ano do mandato o socialista Iago Fariñas.
O acordo entre ambas formacións, Xuntos polo Irixo e PSOE, está pechado e formalizaráse entre o venres e o sábado desta mesma semana coa presentación do escrito de mosicon de censura que asinarán os cinco concelleiros que suman ambas formacións políticas e presentarán, como é preceptivo, no rexistro municipal do concello do Irixo.
Desde ese momento, e de forma automática quedará convocado o pleno extraordinario da corporación para o décimo día hábil ás 12 horas, polo tanto neste mesmo mes de agosto o concello do Irixo terá nova alcaldesa, que será a cabeza de lista de Xuntos, Susana Iglesias. Según o acordo que propicia esta moción de censura, no último ano do mandato Xuntos cederá a alcaldía ao socialista Iago Fariñas, que ademáis exercerá como portavoz do goberno bipartito e adxudícase a concellería de obras.
Nas pasadas eleccións municipais do mes de maio o Partido Popular obtivo 4 concelleiros, Xuntos 3 e PSOE 2. No pleno de investidura do 17 de xuño cada grupo votou ao seu cabeza de lista, polo que ao non haber maioria, resultou elixido alcalde o máis votado o 28 de maio, que foi o candidato do Partido Popular Manuel Cerdeira, ao que agora unha moción de censura desaloxará da alcaldía.