"Igual de xente que todos os anos, pero menos gasto", balance unánime da hostalaría na semana da Festa do Pulpo. A Policia Local destaca a ausencia de incidencias cunha afluencia multitudinaria de visitantes a O Carballiño.
Desde a Xefatura da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras, fai un balance moi satisfactorio do desenvolvemento da 61 edicicón da Festa do Pulpo, caracterizada pola ausencia de incidencias e "o gran compartamento cidadán" e pon en valor que "a tranquilidade desta festa a pesar de reunir a miles e miles de persoas é un gran activo do que podemos sentirnos orgullosos no Carballiño, creo que é un exemplo de bo ambiente festivo aínda que se xunten moitos miles de persoas".
O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño víu "a mesma xente de cada ano, pero si observo que agora ven moitísima xente a O Carballiño que xa non vai ao parque e quédase no casco urbano".
Desde COPE O Carballiño pulsamos o termómetro de varios locais de hostalaría, e o balance é unánime tanto do desenvolvemento da semana como da afluencia de visitantes a O Carballiño no transcurso dos útlimos dias coincidindo xa coa fin de semana, estiveron a tope da súa capacidade, cunha frase que case é coincidente entre todos eles "igual de xente que todos os anos, pero con menos gasto".