A Banda de Gaitas e Danzas do Irixo abre a matricula gratuíta para un novo curso na súa escola.
A escola da Banda de gaitas e danzas O Irixo retoma a súa actividade o sábado 9 de setembro, despois dun curso repleto de actuacións en numerosas festas parroquiais e en eventos da contorna, como a I Romería das Pulpeiras en O Carballiño ou a XXXIV Festa da Istoria de Ribadavia, na que participarán o vindeiro 26 de agosto.
Este novo curso contará con clases de gaita, percusión e baile tradicional galego, que se impartirán no local social anexo ao CEIP Virxe da Pena da Sela en O Irixo. As clases individuais e colectivas, así como os ensaios grupais, impartiranse todos os sábados xeralmente en horario de mañá.
En canto á inscrición de novos alumnos, destacan que a matrícula será gratuíta e poderá efectuarse en calquera momento do curso, ainda que recomendan facelo nos inicios do mesmo para completar a formación anual. A cuota mensual establécese en 10€ para maiores de 8 anos e gratis para menores desta idade, e permitirá participar en tódalas actividades ofertadas. Recordan que para máis información poden contactar por redes sociais ou presencialmente no local de ensaio.
Dende a agrupación fan un chamamento para animar ao público xeral a que se unan a este equipo, xente comprometida coa nosa cultura e tradición, o cal a día de hoxe xa conta cunha plantilla de 40 persoas matriculadas.