Cambios no programa festivo pola previsión de chuvia: a orquestra Panorama traslada a súa actuación ao lúns 18. Consulta aquí todas as modificacións previstas.
A comisión de festas do San Cibrán comunica cámbios na programación prevista e a causa, explican, das previsións de chuvia para os próximos dias no Carballiño.
Desta maneira, as bandas de música realizarán os concertos na Igrexa do Asilo. A Agrupación Musical de Boborás ofrecerá o seu concerto este sábado dia 16 ás 12:30. horas e a Agrupación Musical da Limia faráo o domingo 17 ás 13 horas
A Orquestra Nueva Fuerza mantén a súa actuación nestas festas do setembro o domingo 17, pero con novos horarios que serán de 21 a 22 h o primeiro pase, e o segundo será de 00:00 a 02:00 horas.
Sen dúbida, o cámbio máis notable será o da.orquestra Panorama, que traslada a súa actuación incialmente programada para o domingo e pasará ao lúns 18, remarcan desde a comisión de festas que debido ás altas probabilidades de chuvias na noite do domingo. Asi que para adaptar os horarios do lúns 18, a orquestra Ritmo Joven realizará o primeiro pase ás 19 h ata as 21 h, logo a Panorama actuará dende as 22:30 ata as 00:30, Ritmo Joven fará o segundo pase de 00:30h ata a 01:30 e o último pase de Panorama a partir da 01:30 da noite, xa madrugada do martes 19.
Non se descartan outros posibles cambios ou suspensións no programa festivo para este San Cibrán 2023, dos que en COPE O Carballiño informarémos puntualmente.