O asturiano Francisco García Riesgo castiga ao Arenteiro cunha calamitosa arbitraxe e estropea coa súa actuación un partido de auténticos golazos, un dos dous de Luis Chacón, ao estilo Maradona.
Os verdes, que nunca baixaron os brazos, acabaron cedendo por 2-3 nun partido absolutamente condicionado pola lastimosa arbitraxe protagonizada polo colexiado asturiano Francisco García Riesgo, que protagonizou decisións inexplicables provocando cos seus erros que o Arenteiro quedase con 9 xogadores no campo gran parte do partido ante a indignación da afección local.
O árbitro asturiano era a segunda vez que visitaba Espiñedo e, curiosamente igual quen xa fixo tamén con decisións moi extrañas fai dous anos nun Arenteiro-Pontevedra, daquela en Segunda RFE, volveu a deixar aos verdes en inferioridade. Desta vez, as tarxetas amarelas que provocaron a expusión de Tiago son de traca, xiquera son falta, ademáis a primeira delas da lugar ao segundo gol do Real Unión. Nos primeiros compases da segunda parte o Arenteiro, que por dúas veces empatou o partido quedouse sen Tiago e a última media hora tamén sen Germán.
Equivocar pode equivocarse calquera, tamén os árbitros, pero o que é dificil de xustificar é a total falta de criterio á hora de xulgar a un equipo e ao outro, por qué ensinar cartón amarelo e expulsión nunha xogada no medio do campo que non ten ningunha trascendencia e non ensinas tarxeta ao outro equipo cando comete falta ao borde da súa área. Mellor que árbitros asi non volvan por Espiñedo porque son perxudiciais para o fútbol, estropean o que pudo ser un gran espectáculo futbolístico.
Polo demáis, ao marxe da desvengonza arbitral, o partido entre Arenteiro e Real Unión deixounas auténticos golazos, podemos decir que os cinco, pero se con algún temos que quedarno é co gol estilo Maradona de Luis Chacón, o fútbolista do Arenteiro colleu o balón en campo propio, correo 70 metros en 9 segundos e marcou un gol para enmarcar.
Video resumen do partido en g24.gal: https://www.g24.gal/-/fran-justo-leva-o-triunfo-do-carballino-2-3-diante...