A Xunta destaca que iniciativas como o I Concurso de doma clásica de San Amaro dinamizan o rural e salienta o polígono agroforestal deste municipio.
O conselleiro de Medio Rual, José González Vázquez, destacaba na súa visita que iniciativas como o I Concurso de doma clásica San Amaro celebrado na xornada deste domingo 17 de setembro dinamizan o rural e facía, ademías, mención especial ao polígono agroforestal deste municipio de San Amaro, co apoio da Xunta.
González Vázquez asistíu este domingo ao concurso hípico de San Amaro, que se celebrou nas instalacións hípicas promovidas polo concello de San Amaro no antigo campo de fútbol do Foxo, onde ten a súa sede a escola do Club Hipico de San Amaro, e no que 80 rapaces participan das actividades desta entidade, entre elas destacan as de equinoterapia, especialmente recomendadas para rapaces con discapacidade.
O conselleiro entregou os trofeos deste concurso de doma clásica, en compañía do alcalde de San Amaro Fernando Redondo. A xornada contou tamén cun xantar popular servido pola comisión de festas das Neves de Grixoa. O único pero da xornada foi a inestabilade meteorolóxica, que condicionou o desenvolvemento da programación prevista.