A Xunta axiliza a tramitación do Plan Básico Municipal de Punxín. O PSdeG pide unha campaña informativa e critica a postura do tenente alcalde, Eladio Fernández.
A Xunta avanza na súa aposta por un urbanismo responsable e sostible coa aprobación inicial do Plan Básico Municipal (PBM) de Punxín, unha ferramenta que se enmarca no obxectivo de que ningún concello galego estea sen planeamento urbanístico.
Logo de indicar que tras este trámite o seguinte paso será iniciar o procedemento de información pública e solicitar todos os informes preceptivos previos para a súa aprobación definitiva, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou que os PBM son un aliciente para concellos de menos de 5.000 habitantes que, como é o caso de Punxín, se caracterizan por posuír un valioso patrimonio natural e cultural, e, ademais serven para impulsar un novo rural con actividades agrarias, gandeiras, forestais, tecnolóxicas, turísticas, culturais, etc.
Así, tal e como explicou Ángeles Vázquez durante a sinatura desta aprobación inicial, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, no caso concreto de Punxín, este PBM delimita un total de 32 núcleos rurais -12 tradicionais, 4 comúns e 16 combinan ambas partes-.
Ademais, esta ferramenta urbanística tamén cataloga un total de 170 elementos do patrimonio natural e cultural do municipio, dos que 24 son arqueolóxicos, 27 arquitectónicos e 119 etnolóxicos.
O PSdeG-PSOE pide unha campaña imformativa e critica a postura do tenente alcalde
O grupo socialista de Punxín solicita que se informe á veciñanza de tódalas parroquias do municipio do Plan Básico de Ordenación Municipal (PBM), que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá aos medios de comunicación. Os e as socialistas consideran que un tema tan importante como é un plan urbanístico “debe ser consensuado e explicado á veciñanza”.
Dende o grupo municipal socialista pídenlle ao grupo de goberno municipal que, unha vez se publique a aprobación inicial do Plan Básico de Ordenación Municipal no DOG, “se proceda a realización de reunións informativas coa veciñanza de tódolos núcleos de poboación do municipio”. As e os socialistas avogan tamén porque se “facilite unha canle de asistencia á veciñanza para que poidan realizar as alegacións que consideren e vexan preciso”.
A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, subliña que “a aprobación dun PBM é unha boa nova para Punxín, pero este debe ser consensuado coa veciñanza e servir para impulsar o rural e a chegada de novos veciños e veciñas ao municipio”. A edil socialista lembra que con esta ferramenta “ademais da ordenación dos núcleos de poboación, tamén se poderá catalogar o patrimonio cultural, arquitectónico, natural, arqueolóxico e etnolóxico do municipio”.
“Os e as socialistas estamos completamente a favor de que Punxín conte cun Plan de Básico de Ordenación Municipal”, afirma Peleteiro Vázquez, que tamén aproveita para recalcarlle á Xunta e ao Concello que “este debe contar co visto bo da veciñanza, principais implicados e beneficiados da súa aprobación”.
Críticas a actitude do tenente de alcalde
Na presentación celebrada esta mañá en Punxín estivo presente o tenente de alcalde, Eladio Fernández, que de xeito “sistemático” se opuxo ao longo dos anos a aprobación deste plan. Os e as socialistas atópanse “sorprendidos” pola actitude do tenente de alcalde, que “agora posa en fotos en compaña da conselleira, cando ata fai ben pouco bloqueaba a aprobación deste plan”.
Dende o PSOE de Punxín consideran “vergoñenta” a actitude de Fernández, ao que lle reclaman que “deixe de dar bandazos dun lado para outro” e esíxenlle que “cese de buscar o seu interese persoal e económico e se centre no verdadeiramente importante, que é a veciñanza de Punxín”. Lorena Peleteiro destaca que “as contradicións do tenente de alcalde non cesan” e subliña que “pasou de opoñerse de xeito sistemático a aprobación deste plan a actuar como se fose o promotor deste instrumento