Cine, música, Festival Galaico-Portugués, teatro, feira e fútbol, na axenda da fin de semana. Consulta aquí actividades e horarios.
CINE. O Novocine de Leiro proxecta esta fin de semana, do venres ao domingo, dúas peliculas: "Amigos hasta la muerte" (ás 16:00 e 18:00 horas) e "El baile de los vampiros" (ás 20:00 e 22:00 horas)
MUSICA AO VIVO Na tenda OZOCOgz (Rúa Curros Enríquez 29 do Carballiño) Xico Paradelo e Andrés Fernández interpretan cantigas de Zeca Afonso, acompañando a presentación do libro "Zeca Afonso-Balada do Desterro" a cargo de Teresa Moure e Ramom Pinheiro, a autora dos textos do libro e o editor do mesmo, respectivamente. Sábado 30 ás 12:30 horas.
FESTIVAL GALAICO-PORTUGUÉS DE POLIFONÍA E CANTO CORAL A Coral Aures Cantibus de Zamora, a Coral de Chantada, o Coro da Ordem dos médicos do Porto, e os anfitrións e organizadores da Coral Polifónica Casino do Carballiño, protagonizarán a 40 edición do Festival, con entrada de balde no auditorio do Carballiño. Sábado 30 ás 20:00 horas.
TEATRO. Comeza a "XVI Mostra de teatro amador" que organiza "Tiruleque Teatro", coa actuación da Asociación Teatral Pico do Castro, de Foz, que trae a O Carballiño o seu espectáculo "O Randiña", unha comedia de 65 minutos de duración. Auditorio do Carballiño, domingo 1 de outubro ás 20:00 horas.
FUTBOL. A Primeira RFEF en xogo, quinta xornada do campionato, o Arenteiro recibe en Espiñedo aos aragoneses da SD Tarazona. Domingo 1 de outubro ás 19:00 horas.
FESTA DE SAN MIGUEL EN VILASECO-CEA. A parroquia celebra esta fin de semana a festa do patrón, San Miguel. Faino con misa solemne, festa e verbena amenizadas coa música do grupo SINTONIA. Sábado dia 30 de setembro.
FEIRA FIN DE MES NO CARBALLIÑO. Despedimos o mes de setembro con tempo de verán e ambiente de feira no Carballiño, co mercado de postos ambulantes e o tradicional pulpo á feira. Sábado dia 30.