Un veciño do Carballiño, de 20 anos, faleceu este domingo tras caer nunha nunha das pozas das fervenzas de Tourón, en Melón. Acudira con amigos a pasar a tarde na zona.
Malia os esforzos por reanimalo, o persoal sanitario confirmou finalmente o falecemento do accidentado, un xoven (J.V.I.C.) de 20 anos veciño do Carballiño, que acudira en compañía de familiares na tarde deste domingo ás pozas de Melón, escorregou e caeu nuha poza, sen que poidera facerse nada para salvar a súa vida.
Eran as 18 horas cando un particular que se atopaba no lugar chamou ao 112 Galicia. Na súa comunicación, indicou un home acaba de caer nunha das pozas das fervenzas de Tourón. Confirmaba, ademais, que non o atopaban e que se trataba dunha zona de difícil acceso.
Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melón.
Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tras localizalo, os servizos de emerxencias trataron de reanimar ao rapaz, pero o persoal sanitario acabou confirmando o seu falecemento.