PORTO DE EGOAS TAMEN EXISTE E PAGA IMPOSTOS COMO TODOS
Quero pedirlle o Señor Alcalde que por favor nos asfalte tamén a aldea ó igual que fixo con Partovia e Refoxo, nós tamén somos do concello do Carballiño, e temos o pobo todo abandonado, por ter, nin temos alumeado público, e que decir dos fuchancos, e dos camiños en mal estado.
Non quero pensar que cantos más pobre e humilde é unha aldea menos se mira por ela, e canto máis rica e pudiente é, máis cousas se lle fan.
Os veciños somo todos iguais ahora de votar , o voto dos de Partovia e Refoxo contaron o mesmo cós nosos, e polas nosas portas viñestes todos. Moito prometernos e nada de nada, e que decir das aceras.
_ ALUMEADO PÚBLICO
- ASFALTO DOS CAMIÑOS DA ALDEA
- ACERAS